CONDICIÓNS DE COMPRA NA WEB GADISLINE
- PARTES QUE INTERVEÑEN
GADISA RETAIL, S.L.U. é unha empresa que xestiona o sitio web www.gadisline.com (en diante “GADISLINE”), con enderezo en Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos, con CIF B-15735590 e inscrita no R.M. da Coruña, no tomo 3357, folio 32, folla C-24.918, inscrición 16.ª.
Gadisa Retail S.L.U. é unha empresa maiorista que suministra a outras empresas minoristas (Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ecomás Supermercados S.L., Hipermercados y Economatos, S.A.U., Lucus Market, S.L.U., Mercartabria, S.L.U. e Pontevicus, S.L.U.) do seu mesmo grupo, GRUPO “GADISA RETAIL”, as cales se dedican, entre outras cousas, á subministración de produtos ofrecidos a través do portal en liña de GADISLINE.
CLIENTES son as persoas físicas ou xurídicas que actúan como consumidores, que están rexistradas e que adquiren bens e servizos a través do portal en liña GADISLINE. No caso das persoas físicas, deben ser maiores de 18 anos e ter capacidade legal para formalizar o contrato de compra.
- ÁMBITO DE APLICACIÓN
As presentes Condicións de compra regulan as relacións comerciais xurdidas en virtude das adquisicións de bens e servizos realizadas no portal en liña de “GADISLINE” entre GADISA RETAIL, S.L.U., que xestiona o portal; as empresas do GRUPO “GADISA RETAIL”, que subministran os bens e servizos; e os CLIENTES, que adquiren estes bens e servizos.
Gadisa Retail, S.L.U. pon ao dispor dos usuarios e clientes un servizo de atención ao cliente ao que poden dirixirse por teléfono chamando ao número 900 82 50 50 ou a través dun formulario que figura en GADISLINE.
Estas condicións compleméntanse coas Condicións de Servizo e Política de Privacidade do portal GADISLINE.
- PROCEDEMENTO DE REALIZACIÓN DUN PEDIDO
Poderanse realizar compras na tenda GADISLINE durante as 24 horas do día e os 7 días da semana, sempre que estea activa.
Antes de proceder a realizar un pedido na nosa tenda GADISLINE, é preciso coñecer o código postal do enderezo de entrega, quer indicando o código postal, quer usando un enderezo que previamente se gravase ao rexistrarse. Con este comprobaremos que temos activado o servizo nese enderezo, e que, efectivamente préstase nese enderezo físico.
A tenda GADISLINE proporciónalle unha serie de funcionalidades que lle permiten seleccionar os produtos que ofrece, informando das características e dos prezos destes. En GADISLINE figura un resumo gráfico que o informa de como realizar a compra seguindo uns sinxelos pasos.
O prezo que se lles aplicará aos artigos será o que figure na tenda online GADISLINE no momento de realizar o pedido. Os prezos indicados inclúen o imposto ao valor engadido (IVE).
Os produtos ofrecidos na tenda GADISLINE poden ser cancelados de forma temporal ou definitiva.
Para obter calquera información adicional á que figura sobre os nosos produtos na nosa tenda en liña, pode dirixirse a nós a través do teléfono 900 82 50 50 ou do formulario de contacto de atención ao cliente.
Logo de que se selecciones os produtos poderán ver o detalle do seu pedido no “carriño”, onde se lles informa do importe total da compra e a opción de “tramitar o pedido”. Dende esta última, se o desexa, ten as opcións de realizar algunha “indicación” referente ao pedido e para cada un dos artigos do mesmo. Posteriormente pasará á última fase de tramitación do pedido onde deberá escoller entre “Entregar o pedido en domicilio” ou “Recoller o pedido no supermercado”. Cando haxa que entregalo no seu domicilio informaráselle do importe de gastos de envío, se corresponden.
Para poder rematar o pedido a través de GADISLINE, é necesario estar previamente rexistrado ou deberá rexistrarse neste momento. Ao rexistrarse solicítanselle os seus datos persoais que seguirán a política de privacidade informada nas “Condicións de Servizo e Política de Privacidade”.
Se a opción “Entregar o pedido en domicilio”, é a seleccionada, deberá informar dos datos do mesmo ou elixir unha dirección das que teña gravadas no seu usuario. Indicará data e tramo horario de entrega en función do que a web lle poida ofrecer.
Escollida a forma de entrega, pasaremos ao momento do pago que poderá ser tarxeta ou bizum. O tipo de tarxetas admitidas é Mastercard, Visa ou Euro 6000.
Por último, para finalizar a compra, debemos aceptar as “Condicións de compra” e “confirmar o pedido”.
A autorización de cobranza que daremos é superior a un 5% do importe do pedido, debido a que o teu carriño pode incluír artigos de peso variable ou hai que substituír algún artigo.
Gadisline lle redirigira a unha pasarela de “pago segura” a fin de verificar os seus datos coa forma de pago elixida, bizum ou tarxeta.
Ata a finalización da preparación do teu pedido non se cobrará o importe real do mesmo, que nunca será superior á cantidade autorizada.
Enviaráselle por correo electrónico o seu pedido co lugar, data e hora de entrega, ademáis das condicións de compra acordadas. Neste pedido figuran os datos da empresa do GRUPO RETAIL e do establecemento que procederán á súa preparación, facturación e entrega.
- ANULACIÓN DO PEDIDO
Existen dúas formas de ANULAR un pedido realizado:
- Dende A miña Conta/As miñas Compras/Xestión de pedidos en curso, poderá anular o pedido se o estado do mesmo é “RECIBIDO”.
- En calquera outro estado do pedido, deberá poñerse en contacto co noso teléfono de servizo de atención ao cliente 900 82 50 50 ou enviar unha mensaxe a través do formulario de contacto que figura en GADISLINE.
- PREPARACIÓN DO PEDIDO
Despois de recibirmos o seu pedido no noso supermercado, procederemos a preparalo. No momento da preparación poden xurdir diferenzas respecto ao pedido solicitado por algunha das seguintes causas:
- Porque non temos existencias dalgunha das referencias solicitadas.
Pola dificultade de fraccionar a cantidade solicitada nos produtos de peso variable. - Pola posibilidade de substitución dalgún outro produto que nos indicase.
- Pola incorporación de bolsas para o seu servizo, por determinado tipo de productos fornecidos. Nas entregas realizadas a partir do 01/07/2018, cobrarase en virtude do Real Decreto 293/2018 del 18/05/2018.
Pola nosa banda, só se procederá ao cobro dos produtos e cantidades fornecidas, así como os gastos de envío se os houbese e as bolsas necesarias para o adecuado servizo, co compromiso de non exceder o importe autorizado.
- FACTURACIÓN E COBRAMENTO DO PEDIDO
Rematada a preparación do pedido, procederemos á facturación e ao cobramento deste. No caso de que teñamos un problema de cobramento neste momento, porémonos en contacto con vostede para solucionar a incidencia e, se non fose posible realizar o cobramento, non poderemos servirlle a mercadoría.
- ENTREGA DO PEDIDO
A entrega realizarase no lugar, data e tramo horario acordados. Se preferiu ir buscalo ao noso supermercado, terémosllo preparado para a súa entrega no horario acordado. No caso de que solicitase que llo levemos ao seu domicilio, achegarémosllo no día e horario solicitados.
Se non podemos levar ou entregar o pedido no momento acordado, porémonos en contacto con vostede para buscar un novo momento para realizar a entrega.
Por motivos de seguridade, no momento da entrega do pedido vostede ou a persoa que o recolla deberá escribir o seu nome e DNI e asinar o documento denominado “Comprobante de entrega”.
En ausencia do cliente, no momento da entrega do pedido porémonos en contacto con el para pactar unha nova entrega.
No caso de non poder realizarse a entrega do pedido, reservámonos o dereito de anulalo.
- GARANTÍA DOS PRODUTOS ENTREGADOS
As condicións de garantía dos produtos estableceranse de acordo coa lei aplicable.
- DERECHO DE DESISTENCIA
O cliente ten dereito a desistir nun prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación ningunha. Para iso, porase en contacto co noso teléfono de atención ao cliente 900 82 50 50 ou a través do noso formulario de GADISLINE expresando claramente o exercicio do seu dereito.
Deberá levar os produtos ao supermercado Gadis que llos subministrou, cuxo enderezo consta no pedido. Deberá achegar unha copia da factura de venda dos produtos.
Para exercer o seu dereito é imprescindible que o produto estea no seu envase orixinal e nas mesmas condicións nas que se lle entregou.
O dereito de desistencia non é aplicable no caso dos bens perecedoiros, xa que estes poden deteriorase ou caducar con rapidez.
Consecuencia da desistencia
No caso de desistencia pola súa parte, devolverémoslle todos os pagamentos recibidos, incluídos os gastos de envío, sen ningunha demora indebida e, en todo caso, a máis tardar 14 días naturais contados dende a data en que recibamos a mercadoría no noso supermercado. Procederemos a efectuar o reembolso utilizando o mesmo medio de pagamento empregado na transacción inicial, agás que cheguemos a outro acordo.
- PROCEDEMENTO DE QUEIXAS E RECLAMACIÓNS.
PLATAFORMA EUROPEA DE RESOLUCIÓN DE LITIXIOS EN LIÑA
En GADISLINE valoramos a satisfacción dos nosos clientes e esforzámonos por proporcionar un servizo de atención ao cliente excelente. Se ten algunha queixa ou reclamación pode completar o noso formulario en liña https://www.gadisline.com/contacto/ ou enviarnos un correo electrónico a gadisline@gadisa.es
Comprometémonos a responder a súa queixa ou reclamación no prazo legal de aplicación.
Así mesmo, informámoslle de que ten á súa disposición, de acordo co Regulamento 524/2013 da UE, a plataforma de Resolución de Litixios en Liña da Unión Europea, accesible a través da seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/consumers/odr/ Esta plataforma permitiralle resolver disputas relativas a compras en liña de maneira extraxudicial.